Visión




Declaración de intencións

A producción artística é sempre un xeito de expresión da necesidade de comunicación do autor pero destinada ao público receptor como necesario elemento da menxaxe. O receptor da menxaxe artística no ten que ser nin culto nin entendido, a arte abrangue a aqueles que prestan a observación á mensaxe, simplemente como destinatarios.

Mostrar aos demáis o discurso plástico, as mesaxes e os sentimentos por medio da linguaxe artística, semella á literatura, artística ou andanza, agás no medio de expresión; a cor e a forma. Estilos e tendencias son comuns a todas as formas de expresión artística e as salas de exposicións, os teatros e os auditorios son medios para a súa difusión como parte fundamental da propia obra.

O nome de TERRA DE SOMBRA recolle unha homenaxe a unha cor propia dos pintores que configura as paletas dende sempre, que forma parte das sombras tan necesarias como as luces.

A galería "Terra de Sombra" ten vocación de intervir nesta segunda parte que configura o total dunha obra de arte: mostrar e difundir; facer posible ver, admirar e hasta opinar do que se mostra sen que importe nada o grao de formación de cada un.

Recoller e exponer o maior número de obras sempre coa intención de diversificar, tanto estilos, técnicas,formatos, materiais e prezos.

A sala consta de catro espacios independentes nos que se exponen actualmente varias tendencias, autores, técnicas e estéticas varias (pintura, escultura, fotografía e grabado) co obxectivo de que vaian mudando ó logo de cada mes por venta ou cambio de exposición na percura de obter una imaxe viva, cambiante e dinámica da sala.

A sala non exclue ninguna liña estética a priori e non promove nin dá preferencia a ningunha tendencia, por iso conviven nela o informalismo, o expresionismo ou o realismo de autores diferentes.A mariores, a galería organiza regularmente exposicións monográficas e eventos.

Na selección de autores, a galería ten tamén interese en ofrecer un espazo propio a artistas noveles onde poidan mostrar as súas obras e avaliar os seus méritos, sin que se prexulgue ningún requisito de estilo ou renombre

No hay comentarios:

Publicar un comentario